Caracterización de recubrimientos servicios AGACYP
Ampollamiento
Corte transversal pintura
Espesor galvanizado
Pinturas ricas en Zn corte transversal SEM
Recubrimiento reforzado con fibras
Reparación pinturas torres eléctricas

Recubrimentos

A selección e caracterización dun tipo de recubrimento afecta a diversos aspectos relacionados coa integridade, o funcionamento e a estética dos materiais e compoñentes. Nesta sección AGACYP ofrece asesoramento especializado na selección e caracterización de recubrimentos para mellorar diversas propiedades ou calidades da superficie do substrato, tales como aspecto, adhesión, características de mollado, resistencia ao desgaste, e resistencia á corrosión. A aplicación de recubrimentos superficiais é probablemente o método de protección fronte á corrosión máis empregado grazas á súa fácil aplicación e mantemento. Os recubrimentos superficiais poden ser metálicos (galvanizado, cromado, niquelado...), cerámicos (capas de conversión, sol-xel…) ou orgánicos (pinturas, vernices, lacas…). Hoxe en día os sistemas de protección adoitan incluír combinacións de varios recubrimentos en sistemas multicapa que ademais incorporan unha serie de aditivos que melloran diferentes propiedades. Para o correcto desempeño dun recubrimento é de vital importancia realizar unha correcta selección deste, tendo en conta as propiedades da superficie para recubrir e o medio ó que vai estar exposto.

AGACYP ofrece asesoramento tecnolóxico na selección de sistemas de protección de superficies e no estudo do comportamento fronte a corrosión en diferentes medios agresivos.

Capacidade Tecnolóxica

  • Medida de viscosidade
  • Ensaios de adherencia
    • Corte por enreixado
    • Pull-off test
  • Ensaios de cámara de néboa salina e cámara climática.
  • Estación de corrosión atmosférica
  • Ensaios electroquímicos
  • Calorimetría diferencial de varrido (DSC/TG)
  • Espesor de película
  • Ensaios de embutición e encartado
  • Cálculo de rugosidade superficial
  • Formulación e síntese de novos recubrimentos
  • Ángulo de contacto
  • Caracterización de aditivos
  • Caracterización de nanopartículas (diámetro hidrodinámico e potencial Z)