Corrosión e Protección

Corrosión y protección servicios AGACYP
Corrosión del cemento
Corrosión generalizada
Corrosión hormigón armado
Corrosión por picadura
Par galvánico
Óxidos en soldadura de acero inoxidable
Picadura en acero inoxidable
Corrosión por picaduras

Corrosión e Protección

Os problemas derivados da corrosión ocasionan grandes perdas económicas na industria e elevados sobrecustes.

A protección contra os fenómenos de corrosión é un factor clave na maioría de sectores industriais. Desde os máis evidentes como poden ser o sector naval ou aeronáutico ata o sector alimentario ou a obra civil empregan diferentes estratexias para previr estes fenómenos. O emprego de recubrimentos adecuados, a correcta selección de materiais ou a protección mediante correntes impresas poden supoñer un grande aforro de custos e un aumento da competitividade por parte das empresas.

AGACYP pon a disposición da industria a súa experiencia na análise de fallos por corrosión para previr, detectar e analizar os diferentes problemas de corrosión que se producen nos materiais metálicos e os seus recubrimentos, así como para propoñer solucións viables.

Servizos

  • Ensaios acelerados de corrosión.
  • Determinación de mecanismos e velocidade de corrosión.
  • Xestión da corrosión en procesos industriais.
  • Estudo de inhibición da corrosión e selección de materiais resistentes á corrosión.
  • Análise de mecanismos de corrosión durante a vida útil, corrosión baixo tensión e fraxilización por hidróxeno.
  • Análise de fallos.

Capacidade Tecnolóxica

  • Ensaios en Cámaras Climáticas ASTM D2247
  • Ensaios en Cámara de Néboa Salina ASTM B117 / UNE-EN ISO 9227
  • Corrosión galvánica ASTM G71, ASTM G82
  • Corrosión a alta temperatura
  • Corrosión baixo tensión
  • Corrosión por picaduras ASTM G48 (A, B, C, E) / ASTM G61
  • Susceptibilidade a corrosión por exfoliación ASTM G34, ASTM G66
  • Corrosión intergranular ASTM F2111 / ASTM G110 / ASTM G67
  • Ensaios Electroquímicos ASTM G3/ ASTM G102.
    • Temperatura crítica de picadura ASTM G150
    • Cálculo da velocidade de corrosión ASTM G102 - 89
    • Resistencia á polarización
    • Impedancia Electroquímica