Servizos

O capital humano e técnico de AGACYP ponse a disposición do tecido industrial para asesoramento en problemas de corrosión na industria, selección de materiais, caracterización de recubrimentos e superficies. Os ensaios realízanse baixo as normas internacionais (UNE, EN, ISO, ASTM, NACE...), baixo as propias especificacións do cliente, ou se a situación o require mediante procedementos internos específicos

Corrosión e Protección

Os fenómenos de corrosión ocasionan á industria grandes perdas económicas así como elevados sobrecustes.

AGACYP céntrase en dar resposta ás necesidades da industria en aspectos relacionados coa corrosión e a protección dos materiais, desde a identificación e caracterización do problema á proposta de solucións correctivas rápidas e viables.

Ampliar información

Enxeñaría de materiais

AGACYP pon a disposición da industria o seu coñecemento en enxeñería de materiais baixo os principais obxectivos de aumentar a vida en servizo, optimizar o comportamento en servizo,

mellorar algunhas das principais propiedades funcionais como a resistencia mecánica, a resistencia ó desgaste e á corrosión, aumentar a estabilidade térmica ou mellorar o comportamento ó conformado ou soldabilidade.

Ampliar información

Recubrimentos

Na maioría dos casos os recubrimentos son realizados para mellorar propiedades ou calidades da superficie do substrato, tales como aspecto, adhesión, características de mollado, resistencia á corrosión, resistencia ó desgaste...

AGACYP ofrece asesoramento especializado na selección e caracterización de recubrimentos para cumprir e optimizar os requirimentos estéticos e funcionais máis esixentes.

Ampliar información

Procesos electroquímicos

A electrodeposición de capas metálicas e capas de conversión, os procesos de pintado electroforético e procesado de metais son algúns dos procesos electroquímicos máis empregados na industria.

AGACYP pon a disposición da industria o seu coñecemento en diferentes aplicacións industriais da Electroquímica.

Ampliar información

Enerxía

A tendencia actual da sociedade cara a un modelo enerxético sustentable desligado do emprego masivo de combustibles fósiles e os problemas que iso leva, implica a procura de sistemas de xeración e almacenamento de enerxía eficaces e sustentables.

AGACYP centra os seus esforzos no desenvolvemento de novos produtos industriais para a xeración e o almacenamento de enerxía e, en xeral, para calquera ámbito da enerxía desde o punto de vista dos materiais.

Ampliar información