Investigación desenvolvemente innovación

Investigación desenvovelmento innovación

Os recursos humanos e tecnolóxicos dispoñibles en AGACYP, xunto coa experiencia investigadora do seu persoal, póñense ao servizo da Industria para a execución de Proxectos de Investigación e Desenvolvemento de aplicación Industrial.

Traballamos en estreita colaboración co grupo de investigación ENCOMAT, especializado en materiais e corrosión, da Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo.

  • Asesoramento a PEMEs na identificación e definición de proxectos innovadores.
  • Estudos do estado da arte para analizar o carácter innovador dun proxecto.
  • Coñecemento do mapa de axudas de I+D+i a nivel rexional e nacional: organismos, características das axudas... para asesorar sobre as distintas fontes de financiamento.
  • Apoio en elaboración de propostas para presentar en convocatorias públicas e na xustificación de solicitudes aprobadas, tanto no relativo ó dossier técnico como á documentación administrativa.
  • Xestión de proxectos: seguimento dos avances, interlocución coas administracións públicas, control da documentación...