AGACYP Presentación

Agacyp é unha asociación privada sen ánimo de lucro fundada no ano 1986. O seu principal obxectivo é contribuír ó desenvolvemento do contorno económico e social co uso e fomento da innovación tecnolóxica, por medio do desenvolvemento e a difusión da investigación aplicada en estreita colaboración coas unidades I+d+i das empresas. Este proxecto provén da experiencia elevada en I+D+i de persoal altamente cualificado e promove a investigación aplicada, sendo conscientes da importancia que ten como un factor de diferenciación no ámbito de mercado actual.

AGACYP aposta firmemente pola profesionalidade, o compromiso e a resposta rápida e fiable como valor.

Equipo

O equipo humano de AGACYP está formado por profesionais de distintas disciplinas e constitúe o seu activo máis valioso. O obxectivo é converternos en aliados estratéxicos dos nosos clientes, acompañándoos na definición das súas estratexias de innovación, xerando coñecemento e solucións tecnolóxicas que lles acheguen valor.